Convocatoria de Colegiados para temas de Atención Primaria

Durante os últimos anos a Atención Primaria Galega estivo sometida a unha política de recorte de persoal e orzamento, suprimíronse das Xerencias de AP integradas nas hospitalarias, hásenos sometemento aos servizos hospitalarios e precarizado as condicións laborais, especialmente dos máis novos. Esta situación afectado aos Centros de Saúde e aos PAC que levan meses convocando folgas e peches.


Desde o abandono do Plan de Mellora da AP (negociado no 2007 coa administración e todas as organizacións sanitarias) a situación non deixou de degradarse chegando o orzamento ao 12.4% do total sanitario, cando estaba acordado elevalos ao 25%.


Moitos dos nosos centros sofren unha masificación inaceptable, temos trabas para acceder a probas diagnosticas, os servizos hospitalarios impóñennos programas, a burocracia e protocolos e delégannos boa parte das actividades burocráticas que ninguén quere realizar, falta persoal en centros e PAC, o equipamento escasea e deteriórase, atendemos a mais pacientes que o razoable o que limita nosa as actividades de formación e investigación, etc. Os novos profesionais traballan en condicións de precariedade e inestabilidade inaceptables, polo que moitos emigran fora de Galicia.


Esta situación, que nos humilla e degrada, creou un clima de frustración laboral que deteriora a calidade das consultas e condiciona a nosa capacidade resolutiva.
Os compañeiros dos PAC (en pe de guerra) levan moitos tempo promovendo mobilizacións e folgas contra a precariedade que soportan, e posteriormente a rebelión dos profesionais da maioría dos Centros de Saúde de Vigo conduciu a á dimisión do 80% dos xefes de servizo, apoiados pola poboación ( como mostra a enorme manifestación de máis de 50.000 persoas en apoio da Atención Primaria).


Están a realizarse reunións en todas as áreas como Santiago, Ourense, Lugo ou Ferrol para tratar algo que nos afecta a todo o nivel.


Esta situación proporciónanos, por primeira vez en moito tempo, a oportunidade para cambiar e mellorar a AP que non deberiamos desaproveitar.

Por iso convocamos a todo o persoal facultativo de Pontevedra a unha reunión para celebrar no Colexio de Médicos de Pontevedra o dia 30 de xaneiro as 18,30h, para analizar a situación, propoñer medidas de mellora e promover mobilizacións de apoio ás mesmas.


Os problemas que vivimos na Atención Primaria de Pontevedra nas consultas son os mesmos ou parecidos aos PAC e compañeiros/ as de Vigo.


Moitos pensan que as cousas non poden continuar así e que algo debemos facer.


Por tanto convócase unha reunión de médicos para tratar os problemas que nos aburan no día a día, será o vindeiro mércores 30 de xaneiro as 18,30 , no Colexio Médico de Pontevedra.


Un cordial saúdo.


Carlos Eirea, Antón Regueiro, Santiago Pérez Cachafeiro, Manuel Martin