Bolsas Proxectos de Investigación

A Fundación Colexio Médico de Pontevedra ( FCOMP) convoca cinco axudas para o desenvolvemento de proxectos de investigación en calquera área de coñecemento do Medicamento, a realizar nun período mínimo de 12 meses e máximo de 24. Cada axuda terá un importe de 3.000,00 euros.

O obxectivo desta convocatoria é promover e incentivar a investigación de calidade entre os/as profesionais do medicamento para fomentar a súa aplicación na práctica clínica que redunden en beneficio da saúde da cidadanía.

O prazo para a presentación de solicitudes ás Bolsas Proxectos Investigación, estará aberto ata as 24 horas do día 13 de decembro de 2019.

Bases da Convocatoria 

Bases Becas Proy FCOMP 2019 (Size: 229.93 KB)

Envío de solicitudes de participación a través da ligazón http://www.becas-fcomp.es

Impreso Memoria Proxecto de Investigación