Empresa que oferta el trabajo: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Requisitos: - Licenciado/a en Medicina coa especialidade en Rehabilitación. Experiencia requirida en Neurorrehabilitación.
Especialidad: Rehabilitación.
Horario: A concretar
Descripción del puesto de trabajo: A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) necesita incorporar Médico/a Rehabilitador/a interesado/a en neurorrehabilitación, investigación e con coñecementos de novas tecnoloxías e abordaxes terapéuticas para traballar nun equipo multidisciplinar no Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade (CEGADI) en Santiago de Compostela. A persoa seleccionada realizará as seguintes funcións:
- Posta en marcha do servizo de neurehabilitación: Deseñar os protocolos e procedementos médicos a realizar na área, colaborar no deseño e estructura dos PAI (plan individualizados dos pacientes). Estipular os prazos de cumprimento dos PAI, os períodos de valoracións e sesións clínicas co resto do equipo.
- Valoración do estado xeral do paciente, valoración neurolóxica e rehabilitadora.
- Planificación dos obxectivos terapéuticos en coordinación co equipo multidisciplinar.
- Comunicación ao resto do equipo da situación clínica e funcional do paciente, das pautas de tratamento a seguir, precaucións, riscos e obxectivos terapéuticos
- Entrevista inicial coa familia, elaboración de informe médico de ingreso e presentación do paciente en sesión clínica.
- Revisión diaria dos pacientes e das incidencias.
- Diagnóstico e tratamento dos procesos intercurrentes durante o proceso rehabilitador.
- Valoración da necesidade de produtos de apoio ou medidas ortésicas, conxuntamente cos fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais e prescrición das mesmas.
- Valoración dos recursos ao alta, orientación sobre adaptacións domiciliarias e axudas técnicas, pautas de coidados, xunto aos fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais, en mobilizacións, transferencias, axudas na marcha, actividades básicas da vida diaria.
- Elaboración de informe de alta.
Dirección: Rúa Xosé Chao Rego, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Salario orientativo: Retribución segundo o Convenio de Centros e Servizos de Atención a personas con Discapacidade.
Contacto: